A Expedición Antártica visita o cruceiro galego de Ushuaia

  • Os membros da XXXI Campaña Antártica, no cruceiro máis austral do mundo
    Os membros da XXXI Campaña Antártica, no cruceiro máis austral do mundo
  • Os membros da XXXI Campaña Antártica, no cruceiro máis austral do mundo
    Os membros da XXXI Campaña Antártica, no cruceiro máis austral do mundo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017.

Antes de embarcar no buque oceanográfico 'Hespérides' en Ushuaia (Tierra del Fuego - Arxentina) destino á Antártida, os membros da 'XXXI Campaña Antártica' do Exército de Terra, da que forman parte tres galegos, visitaron o cruceiro creado pola Escola de Canteiros de Pontevedra e doado polo Centro Galicia de Residentes Españoles Tierra del Fuego. Inaugurado en decembro de 1996, foi construído en granito de Galicia, ten cinco metros de altura, pesa máis de dúas toneladas, na súa base conta coa lenda en galego, castelán e latín "Galicia brila neste Fin da Terra" e está a só 1.000 kilómetros da Antártida.

631 lecturas