'A Esmorga' proxéctase fóra de Galicia, e en galego, na semana das Letras Galegas

O filme dirixido por Ignacio Vilar está xa nas carteleiras de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca e proximamente chegará a máis salas do resto de España.

O filme xunta literatura e cine en galego
O filme xunta literatura e cine en galego
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015.
Listen to this page using ReadSpeaker

A Esmorga, longametraxe dirixida por Ignacio Vilar baseada na obra homónima de Eduardo Blanco Amor, cumpre a súa primeira semana de proxección nas salas de cine de Madrid (Cines Renoir-Princesa), Barcelona (Cinemes Girona) e Palma de Mallorca (Cineciutat) con grande éxito de público.

O filme, que está protagonizado por Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris' e Karra Elejalde, proxéctase na súa versión orixinal en galego con subtítulos en castelán, tendo previsto a súa estrea en máis cinemas de toda España nas vindeiras datas. Na pasada edición dos premios Goya A Esmorga obtivo unha nominación, na categoría de mellor guión adaptado, para Ignacio Vilar e Carlos Asorey.

834 lecturas