Entrevista na Radio Galega ao secretario xeral da Emigración

Miranda lembrou a especial relación que une Galicia a Cuba e a ponte aberta coa illa a través das e dos emigrantes galegos
Miranda lembrou a especial relación que une Galicia a Cuba e a ponte aberta coa illa a través das e dos emigrantes galegos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que a emigración galega en Cuba está "esperanzada" tras coñecerse o restablecemento das relacións entre os Estados Unidos e a illa. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o responsable de Emigración do Goberno galego destacou as "oportunidades" de negocio que se abren no ámbito comercial con este novo escenario.

Precisamente, sobre esta cuestión puxo en valor a "importancia" que pode ter para Galicia a visita que, meses atrás, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo á illa caribeña. "Tratábase de estar alí os primeiros, de dicir que nós tamén temos a vontade de colaborar e de que este intercambio sexa beneficioso para ambas as dúas partes", asegurou antes de indicar que "agora os pasos que se dan a nivel internacional van reforzar e facilitar esa posición".

Fonte do texto: Europa Press

 

1123 lecturas