Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Bos Aires

Víctor F. Freixanes falou da significación das e dos galegos no mundo editorial arxentino.

Listen to this page using ReadSpeaker
20 de abril de 2012.

O novo selo chamarase Mar MAIOR-Editorial Galaxia.Titularase Mar MAIOR-Editorial Galaxia e concíbese como a "editorial dos galegos no mundo", unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate "Tendencias" dentro da Feira Profesional do Libro, una das ponenciais inaugurais, á que por primeira vez foi invitado oficialmente un editor galego.

A Fundacion El Libro, que dirixe Gabriela Amado, programou un debate entre librerías, editoriais e distribuidoras para a análise da situación do sector nos países de América Latina, enfrontados ás novas tecnoloxías e novos procesos de producion e consumo cultural. En sesión de mañá e tarde, participaron Javier López, por Randen House; Roberto Chwat por Sigmar; Lucía Riff pola Agencia Riff de Brasil; Ricardo Neulman, polo Fondo de Cultura de México; Karina Fraccorolli por Comunicarte-Arxentina; Pablo Braun por Eterna Cadencia; Cristina Mosca por Bookshop en Uruguay e Víctor F. Freixanes pola Editorial Galaxia.

Tratábase de presentar alternativas á crise do sector e as mudanzas que se están a producir no ámbito mundial do libro. O director de Galaxia expuso dous proxectos para o crecemento, "única maneira de afrontar a crise": a Plataforma Dixital da Cultura Galega, no que se está a traballar xunto coa Universidade de Santiago e o departamento de informática da Universidade da Coruña, e o proxecto MAR MAIOR, unha plataforma de edición da cultura galega a través das redes sociais de galegos no mundo.

"Durante máis de dúas décadas, en plena ditadura franquista, Buenos Aires foi a capital da cultura galega. Por iso queremos empezar por Buenos Aires, cun libro-álbum de gran formato, que se titulará Os galegos e a Arxentina, editado en galego e en castelán, e do que son autores María Rosa Lojo e Ruy Farías. Será o buque insignia dun plan editorial que queremos austero, pero intenso, apoiado na excelencia".

 

Fonte: Editorial Galaxia

1118 lecturas