As e os participantes do programa ‘Conecta con Galicia’ percorren o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense

Estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Na iniciativa participarán un total de 177 mozos e mozas da Galicia exterior de entre 14 e 30 anos.

  • Imaxe desta mañá, coa saída desde o Concello de Ourense
    Imaxe desta mañá, coa saída desde o Concello de Ourense
  • Imaxe de grupo de mozos e mozas da 2ª quenda do programa 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xera da Emigración que percorreron esta mañá o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense
    Imaxe de grupo de mozos e mozas da 2ª quenda do programa 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xera da Emigración que percorreron esta mañá o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense
  • Imaxe desta mañá, coa saída desde a cidade de Ourense
    Imaxe desta mañá, coa saída desde a cidade de Ourense

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 21 de xullo de 2017.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañaron hoxe aos mozos e mozas que están a participar este ano no programa ‘Conecta con Galicia’ mentres percorrían o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense. Ao acto tamén asistiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro.

Este programa, impulsado polo Goberno galego, está dirixido aos mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegas ou galegos que residen no exterior. O obxectivo é fortalecer as ligazóns entre as e os participantes e a súa terra de orixe. Para moitas e moitos deles, trátase da primeira oportunidade de coñecer fisicamente Galicia e ás e aos familiares que residen aquí.

Na edición deste ano están a participar un total de 177 persoas, procedentes de países como Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil, México ou Chile. O programa artéllase ao redor de dúas modalidades. A primeira -que se está desenvolvendo actualmente- consiste en actividades ao aire libre, e nela participan 157 mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. Distribuídos por grupos de idade, compartirán con mozos e mozas residentes en Galicia as residencias e albergues xuvenís dependentes da Xunta durante o mes de xullo.

A segunda modalidade son os campos de traballo voluntario, que terán lugar entre o 18 e o 30 de agosto e dos que se beneficiarán 20 mozos e mozas da diáspora. Esta iniciativa está dirixida a participantes con idades comprendidas entre 20 e 30 anos.

1589 lecturas