As e os escolares de Ferrol ilustran a riqueza cultural da inmigración

A casa do concello acolleu a entrega de premios do concurso organizado por Benestar Social.

O alcalde da cidade, José Manuel Rey, xunto cos alumnos e as alumnas premiadas. Foto: La Voz de Galicia.
O alcalde da cidade, José Manuel Rey, xunto cos alumnos e as alumnas premiadas. Foto: La Voz de Galicia.
Listen to this page using ReadSpeaker
Ferrol, 19 de febreiro de 2013.

O Concello de Ferrol celebrou este martes a entrega de premios do primeiro concurso de debuxo Que é para ti a inmigración?. Organizado pola Consellería de Benestar Social, no certame participaron preto de 200 escolares de Educación Primaria do municipio.

O alcalde da cidade, José Manuel Rey, presidiu o acto institucional, celebrado no salón de recepcións da consistorial e ao que asistiron alumnos e alumnas, familiares e profesorado.

A finalidade do certame é crear unha «reflexión sobre a oportunidade e sobre a riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas», segundo indican a organización do evento. De entre os 190 debuxos recibidos, seis foron distinguidos con obsequios como unha cámara dixital, unha caixa de pinturas, un lote de libros infantís, unha consola de videoxogos, un reprodutor multimedia ou uns auriculares.

Os premiados e as premiadas foron Antón Prieto Aneiras, Pedro Sanjosé López, Alejandro Varela Freire, Pablo Ares Coira, Natalia Rodríguez Fuentes e Carmen Fuente Santiago.

 

Fonte e foto: La Voz de Galicia

877 lecturas