Declaración institucional do Parlamento de Galicia sobre a prosecución das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e a República de Cuba

No centro, con gravata vermella, o cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana e, ao seu carón, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, despois de aprobarse a declaración
No centro, con gravata vermella, o cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana e, ao seu carón, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, despois de aprobarse a declaración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016.

O Parlamento de Galicia celebra a prosecución das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e a República de Cuba.

A última resolución deste ano, a 69/5, da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.

Esta é unha expresión contundente de que todos os gobernos e pobos do mundo lle solicitan que se levante o embargo a este país, e Galicia quere mostrar tamén así o seu compromiso e proximidade polos vínculos fraternais que nos unen co pobo de Cuba.

Os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de EE.UU. de América a Cuba, deixan espazo para a esperanza no camiño de conseguir un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidade, a solidariedade e a liberdade rexan a relación entre os pobos.

449 lecturas