Cuxhaven celebrou con éxito a súa 36ª Festa da Primavera

Numeroso público, autoridades locais e de Vilanova de Arousa -irmandada con esta cidade xermana da Baixa Saxonia- e representantes doutros centros da nosa diáspora en Alemaña asistiron a esta xa tradicional cita da colectividade galega residente nas beiras do Mar do Norte.

  • As e os asistentes puideron gozar da xornada de festa organizada polo Centro Galego de Cuxhaven.
    As e os asistentes puideron gozar da xornada de festa organizada polo Centro Galego de Cuxhaven.
  • Numeroso público achegouse ata a xa tradicional celebración da entidade galega no Mar do Norte.
    Numeroso público achegouse ata a xa tradicional celebración da entidade galega no Mar do Norte.
  • Albino Abal, presidente da entidade, con representantes do Concello de Vilanova de Arousa e o grupo musical.
    Albino Abal, presidente da entidade, con representantes do Concello de Vilanova de Arousa e o grupo musical.
  • A cidade de Cuxhaven está irmandada co Concello de Vilanova de Arousa.
    A cidade de Cuxhaven está irmandada co Concello de Vilanova de Arousa.
  • O grupo Follas Novas, do Centro Galego de Frankfurt, tamén participou desta celebración.
    O grupo Follas Novas, do Centro Galego de Frankfurt, tamén participou desta celebración.
  • Na imaxe, a actuación do grupo Alegría, do Centro Galego de Cuxhaven.
    Na imaxe, a actuación do grupo Alegría, do Centro Galego de Cuxhaven.
  • Albino Abal, presidente do Centro Galego de Cuxhaven, con Alejandra Plaza, do Centro Galego de Frankfurt.
    Albino Abal, presidente do Centro Galego de Cuxhaven, con Alejandra Plaza, do Centro Galego de Frankfurt.
Listen to this page using ReadSpeaker
Cuxhaven (Alemaña), 10 de maio de 2013.

O sol acompañou no primeiro sábado do mes de maio ás e os habitantes da cidade alemá de Cuxhaven e ás numerosas persoas asistentes á celebración da tradicional festa de primavera que o centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte organiza cada ano.

O primeiro e segundo alcaldes da cidade de Cuxhaven, Dr. Ulrich Getsch e Rüdiger Kürmann, o representante do partido CDU, Horst Huthsfeldt, o representante do partido SPD, Günter Wegner, o presidente do hospital de Cuxhaven, Bernd Hartig, o presidente da COFEDASGA, Ramiro Vieito Vilas, o presidente do Centro Galego de Nürenberg, Gerardo Arias, o presidente do Centro Galego de Frankfurt José Ramón García, a tradutora Sandra Piñeiro Bermúdez, a concelleira de xuventude do Concello de Vilanova de Arousa, Nuria Morgade Pouso acompañada por Elías González Roma e Enrique Rial Señoráns estreitaron lazos e compartiron inquietudes e impresións sobre a situación da colonia española residente na cidade cun xantar de fraternidade ofrecido polo presidente do Centro Galego de Cuxhaven, Albino Abal.

Dende o Concello de Vilanova de Arousa -irmandado con esta cidade alemá- manifestouse o interese por crear intercambios con mozos para fomentar a aprendizaxe do español e o alemán entre ambas as dúas colonias. O flamenco do grupo Alegría do Centro Galego de Cuxhaven e o folclore máis tradicional do grupo Airiños de Galicia de Cuxhaven e o grupo Follas Novas do centro galego de Frankfurt estiveron presentes no escenario para deleite de todas e todos os asistentes.

Como colofón, Francisco Chalín, Sheila Rodríguez e Vanina Galino, veciñas de Vilanova e integrantes de orquestras galegas, achegaron o entregado público aos ritmos máis bailables e actuais das verbenas españolas. O presidente, Albino Abal, aproveitou a ocasión para agradecer a asistencia e colaboración recibida por parte das diferentes institucións alemás e españolas, grupos musicais, asociacións e aos socios e socias da entidade galega, sen quen non sería posible manter un evento destas características durante tantos anos.

1219 lecturas