Un cruceiro de cinco metros de altura preside desde hoxe un dos puntos máis céntricos de Bos Aires, unha das etapas centrais da ruta Xacobea Antártica, que nace en Ushuaia

O secretario xeral da Emigración inaugurou a escultura, realizada nunha cantería da provincia de Pontevedra e doada por Abanca.

Miranda salientou o simbolismo deste monumento en pedra, de máis de dúas toneladas de peso, situado a poucos metros da Praza de Maio.

Ao acto de bendición, que levou a cabo o párroco da igrexa de San Ignacio, Francisco Baigorria, asistiu o cónsul adxunto de España, Jorge Noval, e representantes de Abanca e Ospaña, que colaboraron coa obra.

O monumento foi trasladado ata Bos Aires no buque da Armada española Bio Hespérides, cuxas e cuxos tripulantes foron os primeiros peregrinos desta ruta.

  • Bendición do cruceiro de máis de 2 toneladas de peso e 5 m de altura, que desde hoxe marca unha das etapas centrais da ruta Xacobea Antártica, que parte da cidade austral de Ushuaia para rematar en Compostela
    Bendición do cruceiro de máis de 2 toneladas de peso e 5 m de altura, que desde hoxe marca unha das etapas centrais da ruta Xacobea Antártica, que parte da cidade austral de Ushuaia para rematar en Compostela

  • A igrexa de San Ignacio de Loyola, a escasos metros da Praza de Maio, acolle cada ano a celebración do Día de Santiago en Bos Aires
    A igrexa de San Ignacio de Loyola, a escasos metros da Praza de Maio, acolle cada ano a celebración do Día de Santiago en Bos Aires
  • Exterior da igrexa de San Ignacio de Loyola (na rúa Bolívar con Adolfo Alsina)
    Exterior da igrexa de San Ignacio de Loyola (na rúa Bolívar con Adolfo Alsina)

Vídeo do acto de inauguración e bendición do cruceiro do Camiño Antártico
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 8 de setembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a inauguración e bendición do cruceiro de máis de dúas toneladas de peso e cinco metros de altura que desde hoxe marca unha das etapas centrais da ruta Xacobea Antártica, que parte da cidade austral de Ushuaia para rematar en Santiago de Compostela. O acto, ao que acudiron centos de persoas, tivo lugar na rúa Bolívar, moi preto da súa confluencia con Adolfo Alsina e a apenas uns metros da Praza de Maio. É alí onde se atopa a igrexa de San Ignacio de Loyola, cuxo párroco, Francisco Baigorria, dirixiu tanto a liturxia previa á inauguración como a propia bendición, que tivo lugar no adro.

Ao evento asistiron numerosas personalidades da colectividade galega na Arxentina, ademais doutros representantes institucionais na capital andina, como o como o cónsul adxunto de España, Jorge Noval; e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro; e o  director de No Residentes de Abanca, Alberto Cacharrón; e o presidente da Obra Social Ospaña, José Luis Seoane, dúas das entidades privadas que colaboraron coa fabricación e instalación do monumento. 

Un símbolo para as novas e os novos galegos 
Miranda salientou durante o emotivo acto “a relevancia, non só simbólica, senón tamén histórica, que ten a presenza deste cruceiro a apenas uns metros do corazón desta cidade, que tantos galegos acubillou e segue a acubillar, e que nos agasalla aínda hoxe con tantos galegos novos cada día”. “Esta peza de arte”, engadiu o responsable autonómico, “non está aquí só para lembrar a aqueles que viñeron un día a empezar aquí unha nova vida que seguemos a lembralos, senón para dicirlles aos seus fillos, netos e mesmo bisnetos que tamén eles forman parte de nós, e que Galicia segue a esperalos cos brazos abertos se queren volver á súa terra”.    

O secretario xeral da Emigración dedicou unhas palabras de agradecemento “a todas as institucións españolas e arxentinas, públicas e privadas, procedentes de diversos sectores, como a Embaixada de España, Abanca ou Ospaña, que colaboraron neste proxecto sen outro interese que velo convertido en realidade e permitir a Galicia seguir a estar un pouco máis preto dos seus na Arxentina”. 

Trala inauguración, durante a cal varias agrupacións musicais da Arxentina e Galicia interpretaron os tres himnos oficiais (o arxentino, o español e o galego), os arredores da igrexa de San Ignacio encheuse de postos de produtos típicos galegos e de actuacións que correron a cargo das bandas de gaitas, baile e percusións dos diferentes centros galegos de Bos Aires. Unha exposición sobre o chamado “Camiño Branco de Santiago”, amosou diversas imaxes sobre algúns dos puntos máis impactantes da ruta Xacobea Antártica. O cruceiro foi fabricado no concello de Vilaboa, na provincia de Pontevedra, polo canteiro Manuel Collazo Torres.

Ata A Arxentina nun buque da Armada
A idea deste cruceiro naceu en 2015 cando, co gallo da Campaña Antártica 2015/2016, se impulsou o “Proxecto Xacobeo”, cuxo principal obxectivo era abrir unha vía desde a Antártida a Santiago de Compostela, centrado en tres puntos chave: a Base Gabriel de Castilla, Ushuaia e Bos Aires. Foi precisamente o buque Bio Hespérides da Armada española o encargado de transportar o monumento desde España ata A Arxentina. A elección da igrexa de San Ignacio de Loyola dentro en Bos Aires xurdiu porque é a que acubilla cada ano a celebración do Día de Santiago en Bos Aires, ademais de por contar cun retablo dedicado ao Apóstolo e porque foi nela onde se celebrou o acto de “acollida e bendición” aos primeiros peregrinos e peregrinas do Camiño Antártico. A maioría delas e deles eran membros da dotación do Bio Hespérides.

1427 lecturas