Conclúe con éxito a 28 Semana Cultural Galega de Frankfurt 2012

O evento organizado polo Centro Galego da localidade xermana contou, un ano máis, con grande asistencia de público.

  • O público acudiu de xeito masivo os catro días de celebración.
    O público acudiu de xeito masivo os catro días de celebración.
  • A Roda, da localidade suíza de Lausanne, foi o grupo invitado nesta edición da Semana Cultural Galega de Frankfurt.
    A Roda, da localidade suíza de Lausanne, foi o grupo invitado nesta edición da Semana Cultural Galega de Frankfurt.
  • A organización agradeceu o seu apoio ás e aos participnates, institucións e empresas patrocinadoras.
    A organización agradeceu o seu apoio ás e aos participnates, institucións e empresas patrocinadoras.
  • A nosa cultura estivo presente máis ca nunca estes días na máis importante cidade do estado de Hessen.
    A nosa cultura estivo presente máis ca nunca estes días na máis importante cidade do estado de Hessen.
  • A festa pechouse coa tradicional queimada.
    A festa pechouse coa tradicional queimada.
  • Actuación do gaiteiro Anxo Lorenzo xunto con Follas Novas, grupo folklórico da entidade.
    Actuación do gaiteiro Anxo Lorenzo xunto con Follas Novas, grupo folklórico da entidade.
Listen to this page using ReadSpeaker
5 de xuño de 2012.

O maior punto de encontro entre a emigración galega residente na cidade de Frankfurt abriu as súas portas o pasado 27 de maio na Konstablerwache. Este evento, que se leva celebrando dende hai 28 anos, converteuse en todo un referente de difusión da cultura galega no exterior. Foron moitas as actividades celebradas durante os catro días de duración de da festa de Galicia na cidade xermana. O día 27 celebrouse o Día de Galicia. Para iso, o centro organizador apostou polo intercambio cultural co país veciño, Suíza. Dende a cidade de Lausanne desprazáronse os 56 membros do grupo A Roda para mostrar o esforzo e o traballo realizado por diversas xeracións de emigrantes residentes no país helvético a través do seu amplo repertorio de cantareiras e bailes tradicionais. O grupo anfitrión Follas Novas foi o encargado de abrir a Semana Cultural Galega de Frankfurt 2012. As e os visitantes gozaron dos ritmos máis bailables do momento ás mans da Orquestra Nazaret, vinda, especialmente, dende Galicia para participar neste evento e achegar, a un público entregado, unha verbena típica de verán ao puro estilo galego. O broche de ouro para un día tan especial púxoo un dos mellores gaiteiros do momento, Anxo Lorenzo. Unha vez máis, a perfección técnica e a brillante posta escénica do gaiteiro moañés, de Xosé Liz e de Eoghan Neff fixo gozar o público dalgúns dos temas do novo álbum que sairá en breve á venda.

Sobre as cinco da tarde dábase a coñecer o fallo do xurado sobre o certame literario convocado pola entidade organizadora con motivo do Día das Letras Galegas. O xurado estivo formado por varios membros do centro galego, profesores, xornalistas e o lector de galego da Universidade de Heidelberg, Ignacio Urrutia. En categoría adulta as persoas premiadas foron José Ramón García con A miña Galiza (Frankfurt), Luz Darriba con Mulleres na ventá (Bruxelas) e Fernando Fernández con Eres ti un deses? (Suíza). Na categoría infantil os premios repartíronllelos Nerea Silveira Plaza con Faladorías do mar, Melanie Skrinis con A miña ánima é única e Aitor Silveira con Memorias dun coello.

O novo cónsul xeral de España en Frankfurt Juan José Sanz Aparicio, compartiu a celebración do Día de Galicia e realizou a entrega dos premios do certame literario. Unha vez no escenario, destacou o labor e o traballo que a colectividade do Centro Cultural realizara para mostrar un evento destas características e ofreceu a súa dispoñibilidade para futuras colaboracións, ademais de mostrar un grande interese polo benestar da colectividade española residente na cidade e arredores. Varios grupos con sede na cidade tamén participaron nesta Semana como os grupos portugueses Sta. Marta de Offenbach e Coraçoes Lusitanos, Pena Los Cabales e Paixón Flamenca cos seus bailes flamencos, o grupo Alma de Fuego, Shammel cos ritmos máis latinos e Julio Show coas súas acrobacias.

Os padais das e os visitantes puideron gozar nos diferentes pavillóns dun bo polbo á feira, empanada, dos tradicionais churros e de viños como Terras Gauda. A porcelana de Galos estivo exitosamente presente por primeira vez en Frankfurt.

Segundo manifestaba o presidente do Centro Cultural, José Ramón García Tomé: " Este ano apostamos polo intercambio cultural con outros países co fin de reflectir o traballo que cada centro realiza dende o exterior e afirmar que é un labor duro pero non imposible. Tamén apostamos pola fusión e diversidade de culturas con outros países. O noso fin, en todo momento, foi dara a coñecer a nosa proposta cultural, gastronómica, turística e musical galega no exterior e crear un interese pola nosa cultura e as nosas raíces. Galicia ten moito que ofrecer. Agradezo a todo o meu equipo o traballo realizado, aos socios, ao noso grupo Follas Novas, a todos os participantes no noso evento, aos patrocinadores, aos asistentes, ás institucións españolas e alemás e, en especial, á Xunta de Galicia, á Oficina Española de Turismo en Frankfurt, a Terras Gauda, a Estrella Galicia por achegar o seu gran de area para facer posible que a Semana Cultural Galega de Frankfurt exista".

Coa tradicional queimada e unha grande afluencia de público deuse por clausurada a Semana Cultural Galega 2012.

1664 lecturas