A comunidade galega en Hamburgo difunde o Magosto e o Samaín

  • A comunidade galega en Hamburgo difunde o Magosto e o Samaín

Listen to this page using ReadSpeaker
Frankfurt, 14 de novembro de 2016.

Chega o outono e con el a castaña, o viño novo e a celebración dunha das festas máis populares nesta época do ano, o Magosto e o Samaín.

Máis de 100 socias e socios, entre eles alemáns portugueses e españois, combateron o frío nas instalacións da Asociación Cultural Galega de Hamburgo o pasado sábado a partir das 18:00 horas. De mans de Claudio Vence, coas mellores castañas chegadas do pobo galego de Verín e o encanto da queimada,  os asistentes ao evento puideron combater o frío inverno da cidade alemá.

Para as e os máis pequenos, a directiva do centro presidida por Montse Alonso, organizou o Samaín, unha festividade de orixe celta que reflicte a finalización do verán e a chegada do inverno e con iso a transición entre as e os vivos e os mortos. Os nenos e nenas fixeron gala dos seus mellores disfraces e maquillaxes para gozar do momento con castañas e lambetadas de todo tipo. Unha noite marcada pola diversión, as tradicións máis emblemáticas desta época do ano e amenizada coa boa música do Dj vocacional Óscar Alonso.

Fonte: Alejandra Plaza

1360 lecturas