Comunicado do Centro Galego de Bos Aires

Os dirixentes do Centro Galego de Bos Aires reiteramos a nosa vocación de diálogo respectando os principios básicos que nos identifican dentro da nosa colectividade.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de novembro de 2009.

Ante a existencia de transcendidos e publicacións en diversos medios de comunicación, vinculados ao futuro do Centro Galego de Bos Aires e da Fundación Galicia Saúde que xeran preocupación e incerteza entre os nosos asociados e na colectividade galega e despois de estenderse tamén ao persoal que traballa en ambas as dúas entidades, as autoridades destas, comunicamos:

Que os dirixentes do Centro Galego de Bos Aires, Institución que sempre permaneceu á marxe das cuestións político partidarias, reiteramos a nosa vocación de diálogo respectando os principios básicos que nos identifican dentro da nosa colectividade, vocación esta que sempre mantivemos nas reunións coas autoridades da Xunta de Galicia.

Que no marco de tal compromiso desexamos destacar a achega do actual Secretario Xeral de Emigración don Santiago Camba Bouzas, quen despois de compartir case dous anos da nosa realidade cotiá, soubo transmitir a nosa idiosincrasia institucional compatibilizando as distintas visións formuladas, todas elas detrás dun obxectivo común que non é outro que a protección e o posicionamento da nosa Institución cara ao futuro; sen esquecer as raíces do pasado que lle deron orixe aos seus máis de cen anos de protección aos socios.

Xunta Directiva

Centro Galego de Bos Aires

1186 lecturas