A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Compostela o vindeiro mes de xuño

A última xuntanza deste órgano tivo lugar tivo lugar o pasado mes de novembro de 2013, tamén en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2014.
Listen to this page using ReadSpeaker

Os vindeiros 12 e 13 de xuño terá lugar na cidade de Santiago de Compostela a xuntanza ordinaria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación e reflexión entre plenarios do Consello.

Entre os asuntos que se contemplan na orde do día da reunión sinálanse o balance das actuacións da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2014; o informe en relación coas actuacións derivadas da entrada en vigor do Decreto polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento; a presentación do anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas; e o Plan integral de emigración 2014-2016.

Persoas membro da Comisión
Forman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce persoas membros en representación de cadansúa entidade, auténtica depositaria da representación. Destes e destas 14 membros, doce son electos (catro en representación da diáspora en España, catro da de Europa, e catro da de América) e dous natos.

Tralo plenario do Consello en 2012, foron elixidos pola demarcación española a Agrupación Cultural Saudade de Barcelona, o Centro Galego de Salamanca, a Agrupación Fillos de Galicia de Sestao (Biscaia), e o Lar Galego de Sevilla. Pola demarcación europea, saíron electos o Centro Galego de Lisboa, o Centro Cultural Galego de Frankfurt, o Centro Galego de Londres, e o seu homólogo de Bruxelas.

Pola parte da diáspora en América, represéntana a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Montevideo, a Asociación Unión do Partido Xudicial de Ordes de Bos Aires, e a Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana. Son membros natos da Comisión o Centro Galego de Bos Aires, e a Casa Galicia de Montevideo.

733 lecturas