Comeza o programa ‘Conecta con Galicia’ de Emigración e Xuventude, que fai posible que 177 descendentes de galegos e galegas en América Latina convivan con 80 mozos e mozas residentes na comunidade

A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo.

  • Imaxe da chegada das e dos participantes no programa 'Conecta con Galicia' ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)
    Imaxe da chegada das e dos participantes no programa "Conecta con Galicia" ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013.

Os primeiros e as primeiras participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegaron xa a Galicia, onde terán oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega, e atoparse cos seus e as súas familiares da outra beira do Atlántico.

Trátase dun programa que ten como obxectivo fornecer esas ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra das súas familias e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel ca países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Así, o programa permitirá que 177 descendentes de cidadás e cidadáns galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles acheguen as actividades previstas, e sobre todo da convivencia persoal e humana coas e cos seus coetáneos desta parte do océano.

Actividades de aire libre
‘Conecta con Galicia’ desenvólvese en dúas modalidades. A primeira delas son actividades de aire libre, modalidade da que se beneficiarán 157 mozos e mozas galegos residentes fóra de Galicia, distribuídos en dous grupos de idade, de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos. Compartirán con mozos e mozas residentes en Galicia, en dúas quendas de doce días, do 1 ao 12 de xullo e do 15 ao 26 de xullo, as residencias e albergues xuvenís situados en Galicia e dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.

Nestas instalacións realizarán dúas actividades, de seis días cada unha. Durante a primeira, denominada “Cultura e Camiño”, as e os participantes aloxaranse nas residencias xuvenís Lug II de Lugo, e Florentino López Cuevillas de Ourense, onde participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela. O segundo grupo de actividades, tamén de seis días de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epígrafe "O mar de Galicia", no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) onde realizarán actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.

Campos de traballo
A segunda modalidade son os campos de traballo, para os que se teñen convocado 20 prazas, para participantes con idade comprendidas entre os 18 e 30 anos. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da cultura galega, da mellora ambiental da contorna, e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico, mediante a intervención arqueolóxica, a sinalización de antigos camiños mineiros, as actividades formativas de bioconstrución, as tarefas audiovisuais, actividades de restauración, sinalización e elaboración de letreiros, reforestacións, información e sensibilización en temas medio ambientais, etcétera.

Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre que se desenvolveran entre os meses de xullo e agosto. As e os 20 descendentes de emigrantes farán uso dos 9 campos de traballo espallados pola ampla xeografía galega: Castro de Gastrar en Boqueixón, Socastro en Rois, Conciencia do noso pasado en Ponteceso (na provincia da Coruña); As Corcerizas en Vilar de Barrio, Audiovisual Galego en Celanova, Vilar de Ordelles en Esgos, e Natureza Viva en Muíños (provincia de Ourense); e, por último, Illas Cies en Vigo e Tradición en Verde (provincia de Pontevedra).

Solicitantes
Neste ano recibíronse 365 solicitudes para este programa. Foron Arxentina, con 226 solicitudes, e Uruguai, con 74, os países que mais o demandaron. Unha vez aplicado o baremo establecido na resolución da convocatoria, vanse beneficiar da mesma 102 rapaces e rapazas de Arxentina, 39 de Uruguai, 23 de Venezuela, 6 de Brasil, 4 de México e 3 de Cuba.

1412 lecturas