A colectividade cubana expresa ante a Secretaria Xeral da Emigración o seu malestar ante o que din "unha politización da emigración por parte da oposición"

Califican as declaracións verquidas pola voceira socialista, Mar Barcón, de “excesivamente violentas e dunha dureza que só conleva a crear asperezas que en nada contribúen a mellorar a atención dos galegos na Illa”.

Engaden que precisamente a especial situación do colectivo de galegos en Cuba esixe de unión e non de “protagonismos políticos” coma o amosado pola oposición.

Listen to this page using ReadSpeaker
15 de xaneiro de 2010.

A colectividade galega en Cuba vén de expresar ante a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia o seu malestar e preocupación polas declaracións verquidas pola voceira socialista, Mar Barcón, nas que criticaba a recente viaxe a Cuba do responsable da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, calificando de “insultante” a súa xestión.

O presidente da sociedade cubana Naturales de Ortigueira, José Antonio Orallo, declarou, sen embargo, que “a visita de Camba a Cuba foi todo un éxito e moi aprezada por tódolos galegos, durante a que se desenvolveu, por parte da Xunta de Galicia, un traballo extraordinario”. Así mesmo, expresou a súa preocupación polas declaracións da voceira socialista que calificou de “excesivamente violentas e dunha dureza só que conleva a crear asperezas que en nada favorecen á emigración nin a mellorar á atención dos galegos na Illa”.

Por parte da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, o seu dirixente, Sergio Toledo, engadiu que precisamente a especial situación do colectivo de galegos en Cuba “esixe de unión e non de protagonismos políticos nin dunha politización da emigración por parte da oposición”.

Viaxe institucional a Cuba
Ao longo da súa estadía o secretario xeral encontrouse coas xuntas directivas 49 sociedades galegas e entrevistouse cos coordinadores provinciais que colaboran na illa caribeña con moitos dos programas de atención social levados a cabo pola Xunta de Galicia; como é o caso das axudas económicas individuais, polas que 5.643 emigrados galegos recibiron prestacións económicas directas- un 52,8% máis que no 2008-.

Así mesmo, o responsable de Emigración e mailo xerente da Fundación Galicia Emigración, Xosé Manuel Castelao Bragaña- que pasaron as datas do Nadal xunto á colectividade-, supervisaron o programa de axuda das javas da Secretaría Xeral da Emigración, grazas ás que neste 2009 uns 700 emigrados galegos en Cuba- na maioría dos casos de avanzada idade- veranse beneficiados de javas ou bolsas de produtos de primeira necesidade.

1886 lecturas