Chegan xa a Galicia os participantes da edición de 2017 de “Escolas Abertas”

Chegan xa a Galicia os participantes da edición de 2017 de “Escolas Abertas”
Chegan xa a Galicia os participantes da edición de 2017 de “Escolas Abertas”
Santiago, 13 de xullo de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

Trátase dun programa, convocado tódolos anos pola Secretaría Xeral da Emigración, grazas ao cal formadores das distintas comunidades galegas do mundo melloran a súa capacitación. Mediante as actividades previstas, estes formadores incrementan a súa capacidade para espallar a cultura galega especialmente entre as segundas xeracións da diáspora, que xa conforman máis do 70% dos paisanos no Exterior.

Nesta edición de 2017, sesenta e cinco cidadáns residentes no estranxeiro acceden desde hoxe á formación especializada en diversas áreas, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual. O grupo máis numeroso foi recibido esta mañá no aeroporto de Vigo polo subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Ramón Brigos, e outro persoal da Secretaría Xeral, e inmediatamente trasladado a Ourense, onde mañá venres terá lugar a inauguración oficial dos cursos.

Os obradoiros deste ano versan sobre gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego, especialidades que foron as demandadas polas propias comunidades galegas.

2192 lecturas