A Casa de Galicia en Madrid acolleu unha conferencia sobre os camiños portugueses de pelegrinación a Compostela

A Casa de Galicia, sede da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a conferencia Los Caminos Portugueses de peregrinación a Compostela.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Casa de Galicia, sede da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a conferencia Los Caminos Portugueses de peregrinación a Compostela que pronunciou o Presidente de Honra de Os Amigos dos Pazos, Juan Manuel López-Llaves Meléndez, dentro do especial interese que a delegación galega está prestando ao Camiño no ano Xacobeo.

A presentación veu da man do coordinador cultural da Casa, Ramón Jiménez, na que destacou a amplia traxectoria do orador, Licenciado en Dereito, pola Universidade de Santiago e diplomado en Estudios Americanos; funcionario do Corpo da Administración Civil do Estado (TAC) e fundador da Asociación de "Os Amigos dos Pazos" da que foi presidente durante 32 anos. Ademáis, é autor de numerosos libros e publicacións en diferentes campos, especialmente nos temas relacionados co patrimonio artístico rural e urbano de Galicia, Portugal e os Camiños.

A primeira frase que pronunciou López-Llaves foi unha recomendación para os asistentes: «Visiten ustedes Galicia. Visiten Galicia y disfruten de ella y de las múltiples actividades programadas con motivo del Xacobeo. Seguidamente, pronunció su disertación dividida en dos partes claramente diferenciadas. La primera fue oral, dejando para la segunda una proyección de imágenes para ilustrar y ampliar diferentes aspectos de los caminos portugueses a Compostela, analizando símbolos, arquitectura y lugares de especial interés».

O poñente fixo un ameno relato da creación e diferentes etapas polas que pasou a Asociación Amigos dos Pazos, «que respondía a un reto» desde que foi só unha idea ata o seu recoñecemento internacional. Para explicalo «utilizaré una fórmula personal: yo haré las preguntas que creo que a ustedes les interesan y yo incluso las responderé», dixo, reservando uns minutos para o final, para que cantas persoas os habían desexado puideran formular outras que non foran enunciadas.

O orador dedicou tamén unha parte da sua intervención a explicar o resurximento dos camiños en Portugal nos anos 80 «por los que había 70 años que ya nadie peregrinaba, lo que supuso un verdadero reto».

1873 lecturas