Arredor de 300 familias galegas residentes no Brasil beneficiaranse do convenio para actuación de emerxencia na sede da Sociedade de Socorros Mútuos de Sâo Paulo, asinado entre Emigración e esta entidade

O secretario xeral da Emigración reuniuse ademais coa mocidade galega residente na zona.

  • Imaxe do encontro que tivo lugar na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruҫão de São Paulo
    Imaxe do encontro que tivo lugar na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruҫão de São Paulo

  • Foto da viaxe da conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración ao Brasil
    Foto da viaxe da conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración ao Brasil

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou en Sâo Paulo o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruҫão de São Paulo (Brasil), que ten por obxecto a realización de obras de reparación do inmoble no que ten a súa sede social a Sociedade, e que presta servizo directo a arredor de trescentas persoas, na súa maioría de avanzada idade, procedentes de Galicia.

A entidade conta cun inmoble situado na rúa Ouvidor Portugal de Vila Monumento, en São Paulo, que sufriu serios desperfectos tralas choivas torrenciais na cidade. Esta situación de deterioro impide que a entidade poida continuar co normal  desenvolvemento das súas máis importantes actividades, situación que esixe unha actuación de emerxencia, que se fai posible acometer grazas ao financiamento achegado coa sinatura do convenio.

A Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruҫão de São Paulo (Brasil) é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1898, que desde o ano 1972 iniciou proceso para aglutinar a outros centros, e que destaca por ser unha das institucións senlleiras no Estado de Sâo Paulo na prestación de servizos á cidadanía española en xeral, e galega en particular, residentes na zona.

Coa mocidade
Trala sinatura do convenio, o secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza coas xeracións máis novas da colectividade galega en Brasil, mozas e mozos que, por labor dos seus pais e nais emigrantes, conservan importantes vencellos familiares e profesionais coa Galicia territorial.

Miranda animounas e animounos a continuar afondando nesa ponte cultural entre ambas beiras do Atlántico, e tamén a participaren aínda máis activamente nos diversos programas desenvolvidos polo departamento que dirixe e que se enfocan fundamentalmente á mocidade, tales como ‘Conecta con Galicia’ ou ‘Escolas Abertas’, onde a presenza de galegas e galegos xa nados no Brasil é frecuente.

944 lecturas