Alfonso Rueda e Rodríguez Miranda visitan á comunidade galega en México, e comparten con ela a súa gran celebración anual do Primeiro de Maio

O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración entrevistaranse esta tarde cos e coas responsables da institución que presta a maior parte da asistencia sanitaria aos galegos e galegas residentes na capital azteca.

A comunidade galega posúe unha importante influenza social e económica na cidade máis poboada de América e a primeira fóra de Asia.

  • Alfonso Rueda e Rodríguez Miranda visitan á comunidade galega en México, e comparten con ela a súa gran celebración anual do Primeiro de Maio

Listen to this page using ReadSpeaker
México D.F., 30 de abril de 2016.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participarán mañá na ‘Jira Campestre’ do Primeiro de Maio, organizada polo Centro Galego de México nas súas instalacións do Canal de Chalco, en Iztapalapa, nas aforas do Distrito Federal. As e os promotores prevén que á celebración acudan, como cada ano, máis de 4.000 persoas, converténdoa así nunha das citas máis relevantes da axenda anual da Galeguidade no mundo.

Trátase dunha iniciativa xa tradicional do ‘Centro Gallego de México’, presidido por Florencio Gulías, e no que na actualidade están adscritas máis de dúas mil familias galegas. A entidade, con máis dun século de existencia, é un dos grandes referentes da Galeguidade no mundo pola súa sostibilidade social e económica, ademais de polo seu carácter de institución formadora e solidaria entre os galegos e galegas residentes en toda a nación azteca.

Antes da celebración de mañá domingo, Rueda e Miranda estableceron contactos previos coa directiva do Centro, visitaron as instalacións centrais da entidade, e mesmo asistiron como convidados a algunhas das actividades regulares que teñen lugar no mesmo. Tamén mantiveron onte un encontro coa mocidade que compón o amplo abano de grupos folclóricos vinculados á comunidade.

O titular da Vicepresidencia e o secretario xeral da Emigración tamén aproveitarán a súa estadía na capital azteca para visitar as instalacións, e entrevistarse con responsables, do Hospital Español de México, institución na que historicamente vén sendo atendida unha parte das colectividades galega e española, e arestora presidida polo galego Daniel Suárez.

O Centro Galego
A sede actual, propiedade da asociación, é de tipo colonial e foi construída a mediados do pasado século, cunha superficie de 1.500 m2 en planta e máis de 2.500 en obra. Conta cunha ampla biblioteca, salas e xogo e ludoteca, oficinas, e servizos de hostalaría, ademais dun salón social de 600 m2, e salas de xuntas.

Ademais desa sede central, posúe un club de campo a uns corenta quilómetros da cidade de México. Alí dispón duns cen mil metros cadrados con amplísimo aparcamento, piscina olímpica, baños, vestiarios, dous campos de fútbol regulamentarios,  un campo para xuvenís, canchas de tenis, voleibol e baloncesto, así como oficinas, salón de baile, ludoteca, servizos de hostalaría, sala de billar, capela e varias áreas verdes.

Ao longo do ano desenvolven, ademais da gran celebración do Primeiro de Maio ao que acoden Rueda e Rodríguez Miranda, as romarías do Socio, A Ramallosa, e San Benitiño, a Festa de Santiago Apóstol, o Baile de Madriñas, o San Martiño, o Entroido, a Pousada de Baile, o Baile de Nadal, a Festa de Aninovo, o Festival de Belas Artes, Luminaria, e o Festival Infantil, entre outras.

1358 lecturas