“Agora que corren tempos de incertezas”, afirma Miranda ante as e os galegos en Suíza, “Europa enteira óllavos con respecto e admiración”

O secretario xeral da Emigración gaba a plena integración das comunidades galegas no país durante a celebración do aniversario de ‘As Xeitosiñas’.

O alto cargo da Xunta reuniuse previamente coas entidades da zona de Xenebra, ás que explicou as liñas de traballo para este ano.

  • O secretario xeral da Emigración, no 36º aniversario da Asociación 'As Xeitosiñas' de Zürich
    O secretario xeral da Emigración, no 36º aniversario da Asociación 'As Xeitosiñas' de Zürich
  • O secretario xeral da Emigración, no 36º aniversario da Asociación 'As Xeitosiñas' de Zürich
    O secretario xeral da Emigración, no 36º aniversario da Asociación 'As Xeitosiñas' de Zürich
  • O secretario xeral da Emigración, cas representantes de entidades galegas de Xenebra e Lausanne
    O secretario xeral da Emigración, cas representantes de entidades galegas de Xenebra e Lausanne
  • O secretario xeral da Emigración, cas representantes de entidades galegas de Xenebra e Lausanne
    O secretario xeral da Emigración, cas representantes de entidades galegas de Xenebra e Lausanne
  • O secretario xeral da Emigración gabou a plena integración das comunidades galegas en Suíza
    O secretario xeral da Emigración gabou a plena integración das comunidades galegas en Suíza
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, preside esta tarde o trixésimo sexto aniversario da Asociación As Xeitosiñas Banda de Gaitas e Grupo de Danzas de Zürich, que preside José Gil, no decurso do cal reiterou a mensaxe de que “a Galeguidade universal, tamén por suposto a residente en Suíza, ten motivos sobrados para sacar peito polo seu traballo e o seu papel no desenvolvemento de Galicia, de España, e de toda Europa”.

“Agora que corren tempos de incertezas en Europa sobre a súa configuración e o seu futuro, o exemplo que sempre fostes, sodes e seredes, de plena integración na sociedade de recepción sen perda dos valores propios, é un facho que alumea a tódolos pobos europeos. Digámolo claro: Europa óllavos con respecto e admiración. Tendes todo o dereito a sentirvos orgullosos do voso papel, do voso labor, de todo o feito e de todo o que sei que queredes seguir facendo por Galicia”, asegura o alto cargo da Xunta.

Fundada no ano 1981, esta asociación agrupou desde o primeiro momento ás e aos emigrantes galegos na cidade de Zürich e o seu cantón, servindo de punto de referencia para manter a cultura e tradicións propias e transmitírllelas ás xeracións de cidadás e cidadáns galegos xa nados na diáspora. Ademais de manter actividade cultural constante e -trala inauguración da súa nova sede- ampliar os seus servizos de información e formación, desenvolve numerosas accións ao longo do ano abertas a toda a comunidade na que se asenta.

En Xenebra
Na tarde de onte, nada máis aterrar en terras suízas, Rodríguez Miranda presidiu un encontro de entidades galegas na zona de Xenebra, no que participaron a Irmandade Galega na Suiza, a Sociedade A Nosa Galiza, a entidade Promoción da Cultura Galega, a Asociación Cultural Galega A Roda, e a Sociedade Fútbol Club Tordoia.

Ante as e os respectivos representantes, Miranda debullou as principais estratexias de actuación do departamento que dirixe para 2017, con especial énfase nas tres liñas de apoio ao retorno: as Axudas ao Retorno Emprendedor, coas que se ten axudado á posta en marcha de medio centenar de empresas por parte de persoas que regresaron do estranxeiro; a novidade deste ano, as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’; e as axudas extraordinarias, para familias retornadas en situación de maior dificultade.

Galegas e galegos en Suíza
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen arestora na Confederación Helvética un total de 40.983 galegas e galegos, o que supón o 37’89 por cento do total de paisanas e paisanos que residen nalgún país europeo distinto a España. Desas 40.893 persoas en total, máis da metade (20.707, o 50’64 por cento) naceron xa na diáspora. É salientable tamén o feito de que 20.133 (o  49’23 %) están vinculadas a algún concello da provincia da Coruña, destacando os das comarcas costeiras.

1324 lecturas