A actualidade das colectividades galegas na Arxentina e a relación entre as administracións dun e doutro lado do océano foron avaliadas por Santos Gastón e Rodríguez Miranda

Na República Arxentina residen arestora máis de 170.000 persoas galegas, das que 3 de cada 4 xa naceron na diáspora.

  • Miranda e Gastón durante a xuntanza mantida no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Miranda e Gastón durante a xuntanza mantida no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016.
Listen to this page using ReadSpeaker

O subsecretario de Dereitos Sociais do Defensor do Pobo da Cidade de Bos Aires, Santos Gastón Juan, visitou ao secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, no despacho deste último, e trasladoulle a firme intención de intensificar a estreita colaboración entre ambas institucións.

Miranda e Gastón fixeron mutuo balance das actividades do presente ano e os obxectivos xerais para o que entra, e ambos mandatarios intercambiaron pareceres sobre a situación actual das relacións entre as sociedades galega e arxentina, especialmente no referido ás colectividades galegas presentes naquel país.

Santos Gastón, quen tamén ten sido nomeado presidente da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires, e da Asociación de Mozos Descendentes de Españois da República Arxentina (Ajdera), brindou á Xunta, e nomeadamente á Secretaría Xeral da Emigración, toda a colaboración para afondar nas excelentes relacións entre os gobernos bonaerense e galego.

Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2016, na República Arxentina reside a colectividade galega máis ampla con presenza nun país estranxeiro. Así, a Galeguidade na Arxentina está conformada oficialmente por máis de 170.000 persoas, das que 3 de cada 4, na contorna do 75 por cento, naceu xa alí. A relevancia da ligazón coa terra dos seus pais e nais das segundas e terceiras xeracións de paisanas e paisanos nados xa na diáspora é un dos sinais de identidade das e dos galegos residentes na Arxentina.

575 lecturas