28 participantes do programa ‘100 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ da Secretaría Xeral da Emigración participaron na Xornada de Recepción na Facultade de Dereito (Campus de Elviña) da Universidade da Coruña

Foron acompañadas e acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña, Margarita Amor López, a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán Aira e o subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón Lago. 

Na iniciativa participan un total de 100 mozos e mozas galegos residentes no exterior. 

Este programa, impulsado polo Goberno galego, está dirixido aos mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residen no exterior
Este programa, impulsado polo Goberno galego, está dirixido aos mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residen no exterior
A Coruña, 3 de outubro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña, Margarita Amor López, a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán Aira e o subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón Lago, acompañaron hoxe na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (Campus de Elviña) aos mozos e mozas que están a participar este ano no programa ‘100 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ mentres recibían información sobre a súa estadía nos diferentes másteres.

Este programa, impulsado polo Goberno galego, está dirixido aos mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residen no exterior. As e os seleccionados teñen a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que aporten estes galegos e galegas con formación universitaria.  

Estas bolsas de estudo en Galicia mellorarán a ligazón entre as e os participantes e a súa terra de orixe. Para moitas e moitos deles trátase da primeira oportunidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros e as súas familias aquí residentes.

Nesta primeira edición participan un total de 100 mozos e mozas, procedentes de 16 países como Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil, México, Panamá, Chipre, Reino Unido, Costa Rica, Polonia, Alemaña ou Suíza, das e dos cales 28 elixiron estudar un máster na Universidade da Coruña.

O programa da xornada de Recepción contou con presentacións de Política Lingüística, para que coñezan as posibilidades de estudo da lingua materna de Galicia; da Secretaría de Traballo, na que coñeceron as posibilidades laborais e os programas de acceso ao emprego da Xunta de Galicia; e finalmente asistiron a unha presentación da Dirección de Turismo na que un técnico amosoulles o abanico de posibilidades para completar a súa formación na universidade con actividades culturais e deportivas compartidas con mozas e mozos residentes en Galicia.

156 lecturas