Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Febreiro2024A delegada da Xunta no Uruguai asiste á homenaxe a Castelao no Centro Gallego de Montevideo reiterando a importancia da conservación da cultura galega no exterior e o papel dos centros galegos como baluartes desta misión audio Elvira Domínguez, delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, asistiu ao primeiro evento do ano no Centro Gallego de Montevideo, dedicado a honrar a memoria de Castelao, un dos máis ilustres emblemas da cultura galega. Este acto, que contou coa colaboración do historiador arxentino-galego Ruy Farías Iglesias, serviu para mergullarse na vida e obra de Castelao, destacando a súa influencia e legado entre os galegos e galegas do Río da Prata. A... Máis información
-
12Febreiro2024O programa Escolas Abertas continúa facilitando aos galegos e galegas do exterior o acceso á nosa cultura a través das actividades dirixidas ás e aos docentes das entidades galegas na diáspora audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. O Diario Oficial de... Máis información
-
09Febreiro2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Sanxenxo, Porto do Son, Mondoñedo e Betanzos audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
06Febreiro2024O programa “Merlo”, apoiado por Emigración, abre mañá, día 7, o seu prazo de inscrición co obxectivo de mentorizar a 90 emprendedoras e emprendedores galegos retornados audio Esta iniciativa, que chega así á súa cuarta edición, busca apoiar e acompañar ás e aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados abre mañá mércores, día 7, o prazo de inscrición para aquelas e aqueles interesados en participar... Máis información
-
05Febreiro2024Emigración incrementa as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior ata chegar aos 635.000 euros audio A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén o de carácter cultural. O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 5 de marzo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito... Máis información
-
05Febreiro2024La Costa Fútbol e o RC Celta de Vigo unen forzas para unha semana de fútbol inesquecible no Uruguai audio Nenas, nenos, mozas e mozos uruguaios gozan de adestramentos de elite e experiencias únicas nunha iniciativa de colaboración internacional. La Costa Fútbol e o Real Club Celta de Vigo levaron a cabo unha semana de adestramento intensivo e experiencias futbolísticas para nenas, nenos e mozas e mozos de 6 a 17 anos, marcando un fito no fomento do fútbol base no Uruguai. A iniciativa contou coa presenza de destacadas figuras e representantes... Máis información
-
02Febreiro2024Emigración potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha línea de axudas de 1 millón de euros audio O DOG publica hoxe una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria das Axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio económico de ata 10.000 euros para poñer... Máis información
-
01Febreiro2024O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados audio O DOG publica mañá una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, que contará cun orzamento de 1 millón de euros. As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade. O Consello aprobou hoxe unha nova convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio... Máis información
-
31Xaneiro2024O DOG publica unha nova convocatoria das axudas a autónomos con 1,3 M€ para a contratación de persoas traballadoras indefinidas, con incentivos específicos para as e os emigrantes retornados audio Os apoios poden solicitarse desde o día 5 de febreiro e ata o vindeiro 30 de setembro. As axudas son para a contratación da e do primeiro, segundo e terceiro traballador e, como novidade este ano, as e os autónomos recibirán unha maior contía se contratan a mulleres. Tamén se incentiva con maior apoio a contratación de persoas desempregadas de longa duración, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade, persoas en situación ou risco de... Máis información
-
29Xaneiro2024Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias para as familias retornadas que este ano contan cun orzamento de 2M€ audio Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18%, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. As persoas interesadas contan co acompañamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. O Goberno galego ten en marcha a segunda edición da Estratexia Galicia Retorna á que destina 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar, ao longo dos vindeiros catro anos... Máis información
Páxinas |