XXIII Certame de poesía "Rosalía de Castro" da Casa de Galicia en Córdoba

Listen to this page using ReadSpeaker
1391 lecturas

A Casa de Galicia en Córdoba convoca o XXIII Premio de poesía "Rosalía de Castro".

Bases:

  • I. Poderán concorrer ao Certame de poesía "Rosalía de Castro" todos os/as poetas/poetisas que non o obtivesen anteriormente, cun só poemario, sempre que este sexa inédito, non estea presentado a outros certames (durante a presente convo­catoria), nin fose premiado
  • II. A obra, escrita en lingua castelá, cunha extensión non inferior a 300 versos nin superior a 600, presentarase por correo electrónico, en formato PDF, sen firma e baixo lema, acompañado doutro arquivo PDF onde figure o lema do traballo e onde se detallarán nome, apelidos, dirección, teléfono e correo electrónico do/a autor/a
  • III. O prazo de admisión de orixinais pecharase o día 30 de xullo de 2016
  • IV. Os traballos serán enviados ao seguinte enderezo de correo electrónico: premiorosaliadecastro@casagaliciacordoba.com. No asunto farase constar: "Para o XXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro"
  • V. A dotación do Premio será de 3.000 Euros e 150 exemplares da edición da obra para o primeiro premio.
    Haberá un accésit, publicación do libro e 150 exemplares ao/á primeiro/a clasificado/a dos/as nacidos/as ou residentes en Córdoba e provincia, sempre que figure entre os/ás finalistas.
    O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
  • VI. O xurado emitirá o seu fallo na segunda quincena do mes de setembro. Se as obras non alcanzasen a calidade nece­saria, o premio poderá considerarse de­serto, pasando a súa dotación a incremen­tar o XXIV Certame de poesía "Rosalía de Castro".
  • VII. Xulgará o presente concurso un xurado constituído por destacadas personalida­des das letras e a poesía. A súa composi­ción darase a coñecer ao emitirse o fallo. Constituirase un xurado de preselección que seleccionará o número de obras que estime pertinente, entre as cales o xurado outorgará o premio
  • VIII. O xurado actuará coa máxima liberdade e discrecionalidade e terá, ademais das facultades normais de discernir o premio e emitir o fallo, outorgándoo ou declarándoo deserto, as de interpretar as bases presentes. O fallo do xurado será inapelable
  • IX. Os/as autores/as galardoados/as serán infor­mados/as da obtención dos premios. Remitirase copia da acta, por correo electrónico, a todos/as os/as concursantes que así o soliciten
  • X. Os traballos non premiados serán borrados no prazo de dez días dende a data do fallo do certame
  • XI. A Casa de Galicia comprométese a actuar en todo momento con transpa­rencia, limpeza, atención aos/ás concur­santes e máxima xustiza
  • XII. O feito de concorrer ao certame impli­ca a total aceptación das bases

Información:

Bases completas: picar aquí para descargar

XXIII Certame de poesía "Rosalía de Castro" da Casa de Galicia en Córdoba
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Casa de Galicia en Córdoba
Data: 
30.07.2016
Lugar:
Casa de Galicia en Córdoba
Plaza de San Pedro, 1
Córdoba - 14002Córdoba
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: