Sesión sobre desprazamentos e tributación para emigrantes españois/las nos Estados Unidos, en Miami

Listen to this page using ReadSpeaker
202 lecturas

O xoves 8 de febreiro ás 18:30 h, no JW Marriot Miami, celebrarase unha xornada informativa gratuíta na que se tratarán aspectos relevantes nos investimentos e desprazamentos con implicacións nos EE. UU. e España. 

  • A duración da sesión será dunha hora (aprox.), seguida dun cóctel para os/as asistentes

Temas a tratar:

  • Panorama xeral de tributación de Patrimonios con bens en ámbolos dous países. Detallando os investimentos de carácter inmobiliario e as súas consecuencias
  • Novas obrigacións de intercambio de información con relevancia fiscal. (Foreign Account Tax Compliance Act – FATCA) conxuntamente coa Declaración Informativa. Declaración sobre bens e dereitos situados no estranxeiro e outros instrumentos de cooperación entre ámbalas dúas administracións tributarias
  • Xestións Censais e de Rexistro a considerar
  • Custo de “EXIT TAX” a considerar para 2018
  • Fiscalidade dos desprazamentos laborais entre ámbolos dous países á luz da normativa para 2018.
  • Relevancia dos tipos de visados e permisos migratorios desde o punto de vista fiscal, laboral e de Seguridade Social
  • Especialidades a ter en conta para Sucesións e Doazóns con compoñente internacional
  • Estudo conxunto dun suposto global con implicacións multiárea/multipaís/multiperiodo
  • Novidades actuais e previsibles para 2018 España / EE.UU.

Inscricións: conchacarr@yahoo.es 

Máis info: no Facebook

Sesión sobre desprazamentos e tributación para emigrantes españois/las nos Estados Unidos, en Miami
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
V2C Abogados
Mendonca & Partners
Data: 
08.02.2018
Hora: 
18:30
Lugar:
JW Marriot Miami
1109 Brickell Avenue
Miami - 33131Florida
Estados Unidos