Sesión sobre desprazamentos e tributación para emigrantes españois/las nos Estados Unidos, en Nova York

Listen to this page using ReadSpeaker
311 lecturas

O martes 6 de febreiro ás 18:00 h, na sede de La Nacional de Nova York, celebrarase unha xornada informativa gratuíta na que se informará sobre aspectos relevantes nos investimentos e desprazamentos con implicacións nos EE. UU. e España. 

  • A duración da sesión será dunha hora (aprox.), seguida dun cóctel para os/as asistentes

Temas a tratar:

  • Panorama xeral de tributación de Patrimonios con bens en ámbolos dous países. Detallando os investimentos de carácter inmobiliario e as súas consecuencias
  • Novas obrigacións de intercambio de información con relevancia fiscal. (Foreign Account Tax Compliance Act – FATCA) conxuntamente coa Declaración Informativa. Declaración sobre bens e dereitos situados no estranxeiro e outros instrumentos de cooperación entre ámbalas dúas administracións tributarias
  • Xestións Censais e de Rexistro a considerar
  • Custo de “EXIT TAX” a considerar para 2018
  • Fiscalidade dos desprazamentos laborais entre ámbolos dous países á luz da normativa para 2018.
  • Relevancia dos tipos de visados e permisos migratorios desde o punto de vista fiscal, laboral e de Seguridade Social
  • Especialidades a ter en conta para Sucesións e Doazóns con compoñente internacional
  • Estudo conxunto dun suposto global con implicacións multiárea/multipaís/multiperiodo
  • Novidades actuais e previsibles para 2018 España / EE.UU.

Inscricións: conchacarr@yahoo.es 

Máis info: no Facebook

Sesión sobre desprazamentos e tributación para emigrantes españois/las nos Estados Unidos, en Nova York
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
V2C Abogados
Mendonca & Partners
Data: 
06.02.2018
Hora: 
18:00
Lugar:
La Nacional, Centro Español - Spanish Benevolent Society
239 W 14th St.
New York - 10011Nova York
Estados Unidos