Sesión informativa 'Vivir e traballar: A formación profesional como oportunidade para atopar traballo', en Stuttgart

Listen to this page using ReadSpeaker
702 lecturas

O mércores 25 de xaneiro de 17,00 a 19,00 h., no  Weltcafé da capital do estado de Baden-Württemberg, o Welcome Center Stuttgart, en colaboración co CET - Center for European Trainees, organiza a sesión bilingüe Vivir e traballar: A formación profesional como oportunidade para atopar traballo.

  •  En Alemaña existe un modelo de éxito para acceder ao mercado laboral: A FP dual. Unha formación profesional constitúe a base para un bo comezo na vida laboral. A diferenza da situación noutros países europeos, a FP ten un gran prestixio na sociedade e a economía, porque os/as estudantes adquiren valiosas competencias e cualificaciones especializadas grazas á gran parte práctica na empresa. Así que unha vez acabado a FP existen moi boas posibilidades de conseguir un posto de traballo
  • Temas a desenvolver:
    -Que oportunidades ofrece a formación profesional dual?
    -Como funciona a FP?
    -Como atopar unha empresa e presentarse?
  • Pódese levar consigo a documentación de solicitude (curriculum vitae, carta de presentación)
  • Contacto: Dr. Verena Andrei, verena.andrei@welcome-center-stuttgart.de, Tlf.: 0711 76164641
  • Máis info: picar aquí para descargar
Xornada informativa 'Vivir e traballar: A formación profesional como oportunidade para atopar traballo', en Stuttgart
Evento: 
Curso
Organiza: 
Welcome Center Stuttgart
Data: 
25.01.2017
Hora: 
17,00
Lugar:
Weltcafé
Charlottenplatz 17 (próximo a Welcome Center)
Stuttgart - 70173 Baden-Württemberg
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: