Seminarios 2017-2018 para a inserción de titulados/as universitarios/as estranxeiros/as - "Perspektive für ausländische Studierende schaffen", en Bovenden
Mariaspring, coa subvención do programa IQ-Netzwerk da Baixa Saxonia, organiza os seminarios residenciais "Perspektive für ausländische Studierende schaffen", dirixido a titulados/as universitarios/as estranxeiros/as de calquera nacionalidade interesados/as en acceder ao mercado de traballo alemán.
Obxectivo: facilitar a integración laboral en Alemaña impartindo coñecementos específicos sobre o traballo neste país cunha perspectiva histórica e cultural e con métodos que reforzan o traballo en equipo e as competencias interculturais.
Contido: vías de acceso ao mercado de traballo; os procesos de selección en Alemaña (preparación para a entrevista de traballo e o asessment center, entre outros); o sistema educativo alemán, e en especial o universitario, e a súa relación co mercado de traballo.
Requisitos de participación: titulación universitaria estranxeira, nivel mínimo de alemán B1
Datas das quendas de celebración:
- 24/07/17 - 28/07/17
- 04/09/17 - 08/09/17
- 09/10/17 - 13/10/17
- 13/11/17 - 17/11/17
- 05/03/18 - 09/03/18
- 09/04/18 - 13/04/18
- 14/05/18 - 18/05/18
- 02/07/18 - 06/07/18
- 06/08/18 - 10/08/18
- 24/09/18 - 28/09/18
- 12/11/18 - 16/11/18
Custo: o curso é gratuíto para os/as participantes, ademais do aloxamento e a manutención. Nalgúns casos poderanse sufragar tamén os gastos de viaxe ata o lugar de celebración do seminario.
Máis info:
- Na web www.mariaspring.de
- Tlf.: 05594/9506-0
- Correo-e: info@mariaspring.de
- Díptico