Seminario "Women and Career Development: fighting against gender inequality - Mulleres e desenvolvemento profesional: loita contra a desigualdade de xénero", en Cambridge

Listen to this page using ReadSpeaker
254 lecturas

O luns 12 de febreiro a partir das 18: 30 h, no Peter Richards Room do Hughes Hall College (Universidade de Cambridge), a Society of Spanish Researchers in the United Kingdom (SRUK), coa colaboración do Hughes Hall Postdoctoral Researchers' Group, organiza o seminario Women and Career Development: fighting against gender inequality - Mulleres e desenvolvemento profesional: loita contra a desigualdade de xénero.

  • Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), neste evento  mulleres científicas extremadamente talentosas e inspiradoras amosarán o seu traballo e reflexionarán sobre a desigualdade de xénero na ciencia e sobre o que podemos aprender do pasado para combatelo e mellorar o futuro.
  • O seminario centrarase no desenvolvemento profesional na ampla gama de mulleres científicas involucradas e o papel do xénero na investigación e na ciencia.
  • Tralo seminario, haberá oportunidade de networking e realizar preguntas durante un aperitivo de balde de queixo e viño 

Programa:

  • 18:30 h: Apertura de portas
  • 18:45 -18:50 h: Benvida & Presentación – Dr.ª Sonia Ilie (Hughes Hall Fellow) & Dr.ª Anna Vilalta (Director of SRUK/CERU Cambridge Constituency)
  • 18:50 -19:00 h: Dr.ª Miriam Lynn  (Athena Swan; Equality and Diversity consultant)
  • 19:00 - 20:00 h:
    -Dr.ª Maria Pilar Alcolea (Wellcome/The Royal Society Sir Henry Dale Fellow, Cambridge Stem Cell Institute)
    -Dr.ª Ragnhildur Thora Karadottir (MRC Fellow/ERC consolidator, Cambridge Stem Cell Institute)
    -Dr.ª Svetlana Khoronenkova (Henry Dale Fellow, Department of Biochemistry)
    -Dr.ª Milka Sarris (MRC Fellow, Department of Physiology)
    -Dr.ª Paula Banca (Sir Henry Wellcome Trust Fellow, Department of Psychology)
    -Dr.ª Danika Hill (Babraham Institute)
  • 20:00 - 20:30 h: Preguntas/mesa redonda (moderadora: Dr.ª Sonia Ilie, Faculty of Education). 
  • 20:30 h en diante: networking/viño e queixo

Inscricións: picar aquí

Máis info: sruk.org.uk | Facebook | Twitter | LinkedIn

Seminario "Women and Career Development: fighting against gender inequality - Mulleres e desenvolvemento profesional: loita contra a desigualdade de xénero", en Cambridge
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Society of Spanish Researchers in the United Kingdom - SRUK/CERU
Hughes Hall Postdoctoral Researchers' Group
Data: 
12.02.2018
Hora: 
18:30
Lugar:
Peter Richards Room - Hughes Hall College
Wollaston Rd - (University of Cambridge)
Cambridge - CB1 2EWCambridgeshire
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: