Semana das Letras Galegas 2018 en Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
238 lecturas

O Centro Galego de Santander celebra o Día das Letras Galegas 2018, que na presente edición da gran festa da nosa cultura a Real Academia Galega acordou dedicar á escritora cacereña María Victoria Moreno Márquez, co seguinte programa de actividades:

Luns, 14 de maio - 19:30 h.

  • Conferencia-coloquio Distopías en el cine: el sueño de la razón produce sociedades monstruosas. Falarase sobre as sociedades futuras imaxinadas en diferentes obras cinematográficas, que serven de base a un percorrido sobre as disfuncións e medos da nosa sociedade. Será pronunciada por Raquel Zaballa, avogada e experta en temas cinematográficos.

Martes, 15 de maio - 19:30 h.

  • Conferencia mensual da Sociedad Cántabra de Escritores Una ortografía para más de quinientos de hispanohablantes, impartida por Fernando Bringas de la Peña

Xoves, 17 de maio - 19:30 h.

  • Recital Poético sobre a obra de Rosalía de Castro, a cargo da Sociedad Cántabra de Escritores 
  • Actuación do Coro “Voces de Santander”
  • Actuación do Grupo de Gaitas “Airiños da Terra”
  • Convocatoria do XIX Concurso Literario de Narrativa 'Julio Camba'

Venres, 18 de maio - 19:30 h.

  • Benvida e saúda do presidente do Centro Galego, José Antonio Otero Hermida, ás e os  asistentes
  • Proxección dun documental
  • Conferencia María Victoria Moreno: una historia de amor, pronunciada por Rosalía Cotelo García, Dr.ª en Lingua Española pola Universidade da Coruña, Prof.ª da Universidad Carlos III de Madrid, directora de publicacións do Instituto Historia de la Lengua de Cilengua, Centro de Estudios de la Real Academia Española

Sábado, 19 de maio - 14:30 h.

  • Xantar de Irmandade, nos salóns do Centro Galego

Programa: picar aquí para descargar

Máis info: cgallegosantander.blogspot.com.es | Facebook

Semana das Letras Galegas 2018 en Santander
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
14.05.2018
15.05.2018
17.05.2018
18.05.2018
19.05.2018
20.05.2018
Lugar:
Centro Galego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: