Presentación do libro 'Alta Cocina Gallega', na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
684 lecturas

O luns 30 de xaneiro ás 12,00 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro Alta Cocina Gallega, editado pola Xunta de Galicia, coa colaboración da Real Academia de Gastronomía Española.

  • Asistirán ao acto a directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro Domínguez; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón, e o cociñeiro Pepe Solla
  • A publicación tenta recoller o alto nivel alcanzado pola cociña galega, grazas tanto á profesionalidade e o talento dos/as seus/súas cociñeiros/as como á calidade dos seus produtos
  • O libro, coa colaboración de Turismo de Galicia, recolle os estudos efectuados pola Real Academia de Gastronomía Española para promover a oferta culinaria galega e aborda a variedade das súas principais materias primas, da terra e do mar, desde as ostras de Arcade ata o capón de Vilalba e tamén os produtos elaborados máis representativos como o pan de Cea, o queixo de tetilla ou a bica mantecada tan típica de Ourense
  • Así mesmo, nas páxinas desta publicación atopamos receitas de alta cociña propostas por 14 grandes da cociña galega como son Pepe Solla, Xosé Cannas, Javier Olleros, Alberto González, Lucía Freitas, Nacho Tierno, Manuel Costiña, Beatriz Sotelo, Xoán Crujeiras, Luís Veira, Iván Domínguez, Héctor López, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán
  • Ademais destas propostas de autor, tamén se recollen once receitas tradicionais galegas: cocido, caldo, empanada de berberechos, lacón con grelos, mexillóns en escabeche, polbo á feira, vieiras, lamprea, filloas, torta de Santiago e queimada
  • O último capítulo versa sobre o viño galego, explicando as variedades existentes e produtos destacados, así como a traxectoria de recoñecidos/as expertos/as na materia como Emilio Rodríguez, Cristina Mantilla, José Hidalgo Togores, Rafael Palacios, Ana Quintela, Álvaro Bueno Elexpuru, Luciano Amoedo Rodiño, María Luísa Freire, Isabel Salgado de Andrea, Jorge Hervella e José Enrique Pérez Fernández. Inclúese tamén un conxunto de anexos no que o/a lector/a ten unha listaxe con datos de acceso de consellos reguladores, industrias agroalimentarias e adegas da Comunidade e outros datos de interese
  • En definitiva, a publicación pretende reflectir a esencia de Galicia en canto á gastronomía: a calidade, tanto para atender a un/ha consumidor/a máis esixente como para adaptarse aos novos modos de produción e melloras tecnolóxicas, así como para actuar de elemento diferenciador da oferta nun mundo globalizado
Presentación do libro 'Alta Cocina Gallega', na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
30.01.2017
Hora: 
12,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España