«O Arame» ('The Tightrope'), ópera galega, en Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
702 lecturas

O luns 26 de xuño ás 13:30 h, en The Tabernacle (en Notting Hill), representarase O Arame ('The Tightrope'), ópera en galego -con subtítulos en inglés- con libreto de Manuel Lourenzo e música de Juan Durán.

Entradas (£5.90): eventbrite.co.uk

Máis info: xoga.co.uk

  • Trátase dunha adaptación dunha obra de Lourenzo publicada en Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (Laiovento, 2005) que conta a historia de dous cómicos que, xa vellos, regresan ao seu lugar de orixe, Fisterra, e cuestionan as súas traxectorias vitais.

  • Baixo a dirección musical de Tamara Lorenzo, impulsora de XOGA, e coa soprano Lorena Paz enriba das táboas, esta ópera de cámara nun só acto e de 75 minutos de duración busca combinar a lingua galega coa música e o movemento, con quince músicos e un elenco de dous cantantes e dous bailaríns sobre o escenario.

«O Arame» ('The Tightrope'), ópera galega, en Londres
Evento: 
Representación
Organiza: 
XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera)
Data: 
26.06.2017
Hora: 
13:30
Lugar:
The Tabernacle
34-35 Powis Square - (Notting Hill)
Londres - W11 2AYLondon
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: