Muiñada das Letras Galegas 2018, en Castelló

Listen to this page using ReadSpeaker
747 lecturas

O Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo' celebra a Muiñada das Letras Galegas 2018 coa seguinte programación de actividades:

Sábado, 12 de maio, 14:30 h: Ruada do Maio, Maíño - Local social 'O Faiado' (antigo cuartel Tetuán XIV)

  • Elaboración dun maio tradicional galego
  • Xantar de romaxe con churrascada
  • Prezo: socios/as 10 €; non socios/as, 15 €; nenos/as -12, de balde
  • Reservas: antes do xoves 10 de maio (tlfs. Carmen: 680 754 125; Filgueira 690 653 904)

Sábado 12 ao domingo 27 de maio: Exposición 'María Victoria Moreno, Sombra e Luz' - Sede da entidade na r/ Pérez Dolz

  • En colaboración coa Secretaria Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, a mostra fotográfica “Vitoria Moreno, Sombra e Luz ” realizada polos/as alumnos/as do IES Torrente Ballester de Pontevedra

Sábado 19 de maio, 19:30 h: María Victoria Moreno, Sombra e Luz - Sede da entidade na r/ Pérez Dolz

  • Presentación do Día das Letras Galegas 2018, que na presente edición da gran festa da nosa cultura rende homenaxe á escritora estremeña, galega por elección, María Victoria Moreno Márquez
  • Proxección multimedia da obra da escritora

  • Lectura  poética da obra da súa autoría

  • Entrada libre e de balde

Sábado, 26 de maio, 18:30 h: Día das Letras Galegas - Sede da entidade na r/ Pérez Dolz

  • O mestre, escritor e compositor musical galego (Noia-A Coruña) residente en Madrid, Sebastián Paz Suárez,  será o persoeiro convidado de achegar a literatura infantil e xuvenil en galego como método de  aprendizaxe, e transmisor dunha educación de emocións e valores.  Achegamento á obra  da súa autoria, e presentación da recuperación da obra músical do compositor Sebastian Paz Carbajal, avó do convidado, na celebración do centenario do seu pasamento.
  • Mostra de diversas obras literarias do autor
  • Entrada libre e de balde
  • Ao remate servirase un viño galego e uns petiscos

Máis info: cgaturuxo.galiciaaberta.com | Facebook

Muiñada das Letras Galegas 2018, en Castelló
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data: 
12.05.2018
19.05.2018
26.05.2018
27.05.2018
Lugar:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Pérez Dolz, 9
Castelló de la Plana - 12003Castellón-Castelló
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: