'Letra é Música', ciclo de encontros literarios, en La Plata
O Centro Galego de La Plata e a Cátedra Libre de Literatura e Cultura Galega da Universidad Nacional de La Plata organizan Letra é Música, un ciclo de catro encontros coordinado pola Lda. Mariela Sánchez (UNLP), onde se ofrecerá unha aproximación á lingua e a cultura galegas a través da análise literaria de poemas de distintas épocas musicalizados.
Venres, 11 de maio - 19:00 h
- Época Medieval: cantigas galaico-portuguesas
Venres, 18 de maio - 19:00 h
- Unha volta musical ao Rexurdimento: "Clásicos de clásicos"
Venres, 1 de xuño - 19:00 h
- Outros cantos de Galicia. O oído na terra e a tradición.
Venres, 15 de xuño - 19:00 h
- "A miña terra si é miña". Século XXI: Herdanza e innovación.
Máis info: Facebook
Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Centro Gallego de La Plata, Cultural y Recreativo
Cátedra Libre de Literatura y Cultura Gallegas de la Universidad de La Plata
Data:
11.05.2018
18.05.2018
01.06.2018
15.06.2018
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Gallego de La Plata
Calle 42, 373 (entre 2 y 3)
La Plata - 1900Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: