IV Premios Martín Códax da Música - 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1100 lecturas

A Asociación de Música ao Vivo convoca os IV Premios Martín Códax da Música - 2017, un certame que recoñece a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Conta coa colaboración, entre outras entidades e institucións, da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

CANDIDATURAS

  • Poden presentarse proxectos musicais galegos de grupos, solistas, espectáculos ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou realizados fóra de Galicia por músicas/os galegas/os
  • Se o proxecto en cuestión é de fóra de Galicia, deberán ser maioría as/os integrantes galegas/os, ou, polo menos, o 50%. Nos casos en que a/o líder do proxecto sexa galega/o, non será necesario cumprir este mínimo do 50% de procedencia galega para o resto de integrantes
  • Poderán participar tamén grupos de fóra de Galicia, ben por cantaren en galego ou por interpretaren, na súa meirande parte, música de raíz galega

CATEGORÍAS MUSICAIS (16): Pop e Indie; Rock; Blues, Funk e Soul; Metal; Canción de Autor; Hip Hop e Músicas Urbanas; Reggae, Ska e Mestizaxe; Electrónica; Música Clásica e Contemporánea; Jazz e Músicas Improvisadas; Música Tradicional Galega; Folque; Músicas do Mundo; Música Infantil; Orquestras, Grupos e Música de Verbena; e Coros e Grupos Vocais.

CALENDARIO

  • Prazo de inscrición de candidaturas: do 15 de febreiro ata o 5 de marzo
  • Entrega de premios: o mércores 3 de maio ás 21:00 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra

INSCRICIÓNS: en www.premiosmartincodaxdamusica.com

MÁIS INFO: na web www.premiosmartincodaxdamusica.com, facebook, Twitter e YouTube

BASES: picar aquí para descargar

IV Premios Martín Códax da Música - 2017
Evento: 
Premios
Organiza: 
Asociación de Música ao Vivo
Data: 
05.03.2017
03.05.2017
Lugar:
Pazo da Cultura de Pontevedra
Alexandre Bóveda, s/n
Pontevedra - 36005Pontevedra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: