"IIº Encontro de Conservación. Técnicas de recepción, manexo, transporte e conservación de documentos e bens culturais", en Bos Aires
O martes 12 de decembro, na sede da entidade galega en Bos Aires, o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) organiza a IIª edición do Encontro de técnicas de recepción, manexo, transporte e conservación de documentos e bens culturais.
- A xornada está dirixida a persoal de institucións de migrantes na Arxentina, asociacións históricas, bibliotecarios/as e todas aquelas persoas con inquedanzas na preservación deste tipo de material
- Estará a cargo de Miguel Chiloteguy, subdirector do MEGA
- Horario: das 10:00 ás 17:30 h (cun receso das 13:00 ás 14:30 h para o xantar)
- Inscricións (é libre e de balde): no enderezo de correo-e museo@fsgallegas.org.ar
Máis info: www.fsgallegas.org.ar | Facebook | Twitter | Instagram
Evento:
Xornadas
Organiza:
Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Data:
12.12.2017
Hora:
10:00
Lugar:
Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: