Exposición "Semente. Raíces gallegas. Retoños Porteños", de Rocío Carbia, no Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
917 lecturas

O martes 4 de xullo ás 19:30 h, na Galería de Arte Luis Seoane do Centro Galicia de Bos Aires, inaugúrase a mostra Semente. Raíces gallegas. Retoños Porteños, de Rocío Carbia.

  • A exposición permanecerá aberta do 4 ao 28 de xullo en horario de 16:00 a 21:00 h.
  • Rocío Carbia, nacida en Buenos Aires en 1982 no seo dunha familia galega. Dentro desa cultura danse as súas primeiras manifestacións artísticas. Do baile e canto tradicional, á edición dunha revista institucional, á confección de decorados e escenografías, e á montaxe xeral de espectáculos culturais. Formada inicialmente como debuxante autodidacta, en 2009 comeza a enfocarse de cheo nas Artes Plásticas intensificando os seus estudos de ilustración e pintura. Dedícase principalmente á pintura acrílica en diferentes soportes. Traballa por encargo, á vez que expón e vende a súa obra, entre a que se destaca a serie Galegos de Onte, sobre a que desenvolveu unha liña de produtos.

Máis info: na web www.centrogalicia-bsas.org, facebook e Twitter

Exposición "Semente. Raíces gallegas. Retoños Porteños", de Rocío Carbia, no Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
04.07.2017
28.07.2017
Hora: 
19:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Galería de arte Luis Seoane
Bartolomé Mitre, 2552
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1039Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: