Exposición de pintura "Liberación pola cor", de Luisa e Conchita (Concetta) Paz Montenegro, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
167 lecturas

O mércores 10 de xaneiro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a exposición de pintura das irmás Luisa e Conchita Paz Montenegro.

Luisa Paz Montenegro

  • Técnico Superior en análises clínicas. A súa formación artística é considerable. Ten o título de Cerámica Artística pola Escola de Arte e superior de Deseño, Ramón Falcón (Lugo). Moitos anos de traballo en talleres de pintura e gravado, cursos e diplomas impartidos pola Deputación de Lugo e por gravadores suramericanos e holandeses. Recibiu dúas mencións de honra en pintura. Colabora co Museo Provincial de Lugo e foi secretaria da Asociación de Artistas Plásticos de Lugo.
  • A súa obra é un tanto vitalista, tanto na forma como en uso da cor, que nos suxire formas figurativas e abstractas á vez, tentando reflectir aquilo que xorde en interior do mundo onírico que existen nas súas obras.
  • A pintora móvese con solvencia temática polos camiños marabillosos do impresionismo-expresionismo-abstracto con tendencia cara á expresividade pictórica.
  • Tenta que o/a espectadora, coa súa intelixencia fina e repleta de sensibilidade, experimente unha sensación que lle transmita cara ao seu interior e capte, con optimismo, nas formas reflectidas nos lenzos, a rotundidade desa explosión de cor que percibimos coa contemplación da obra. Atende a un concepto fauvista da pintura. Vermellos, azuis, laranxas ou amarelos esparexidos con firmeza e paixón.
  • Participou nun número importante de exposicións colectivas e individuais por toda España. A súa obra está presente en numerosas coleccións particulares e institucionais.

Conchita Paz Montengro

  • É profesora de Lingua Galega. Técnica de Artes Plásticas e Deseño en Serigrafía Artística, Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gravado e Técnicas de Estampaxe, Técnica Superior de Cerámica Artística e profesora de pintura e gravado Club Mundo senior de Arte. Museo de Lugo. Seleccionada para os Proxectos Abertal e Entolearte. Museo de Lugo. Deseño e estampaxe de gravados para o IES Ánxel Fole - Lugo.
  • É autora do libro de poemas Latexos. Colabora en revistas e prensa. Ten obra na Revista Lucense de Creación Poética Xistral (2014-2015-2016-2017) e obra poética en Un libro de libros - Mesturas - Literarte - Roteiro das artes.
  • Conchita Montenegro asegura que «toda obra que un artista reflicte é produto dunha percepción que adquiriu por algo exterior, pola vista, o oído, o olfacto, penetrou no seu interior. Hai unha variedade temática que responde ás distintas modalidades, cousas íntimas, que saen ao exterior en forma plástica». A artista resalta o seu interese polo espido e a pintura figurativa pero no seu mundo pictórico confesa que todo lle interesa.

Datas da exposición: do 10.01.2017 a 31.01.2017

Horario de visita:

  • De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
  • Festivos: de 10:00 a 14:00 h
Exposición de pintura "Liberación pola cor", de Luisa e Conchita (Concetta) Paz Montenegro, en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
10.01.2018
31.01.2018
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: