Exposición 'O legado indiano na Mariña Lucense', en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
298 lecturas

Do luns 18 de decembro de 2017 ao martes 16 de xaneiro de 2018 pode visitarse, na Biblioteca Pública de Santiago de Compostela 'Ánxel Casal', a exposición O legado indiano na Mariña Lucense, comisariada por Antonio Lage-Seara.

  • Na mostra poden atoparse cartas Autógrafas do escritor Branco Amor, os fundadores de El Corte Inglés e Galerías Preciados, ou Riguera Montero, documentos orixinais do Centro Galego da Habana, libros editados en Arxentina , Venezuela, México ou Uruguai , un dos primeiros catálogos industriais modernos, tamén a primeira etiqueta de Estrella Galicia, publicidades da época , fotografías, obxectos únicos como maletas, cinceiros, vinilos, moedas, chapeus, escritos etc.
  • O mércores 20 de decembro, 110º aniversario da estrea do himno galego no Gran Teatro da Habana, celebrarase ás 19:00 h unha Mesa Redonda coa participación de autoridades, representantes de entidades institucionais, investigadores/as, persoeiros do mundo da cultura etc.

Horario de visita:

  • De luns a venres: de 08:30 a 21:00 h
  • Sábados: de 10:00 a 14:00 h

Máis info: bibliotecas.xunta.gal/santiago/

Exposición 'O legado indiano na Mariña Lucense', en Santiago de Compostela
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Antonio Lage-Seara
Data: 
18.12.2017
16.01.2018
Hora: 
08:30
Lugar:
Biblioteca Pública de Santiago de Compostela 'Ánxel Casal'
Av. de Xoán XXIII, s/n
Santiago de Compostela - 15704A Coruna
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: