Exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro', en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
532 lecturas

O mércores 4 de marzo ás 19,00 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro, producida por GaliciaDigital, que estará exposta ata o 11 de marzo, e composta de varios paneis que recollen diversos aspectos da vida e obra do escritor de Paradela, que escribiu a maior parte da súa obra en Cataluña e está considerado o poeta obreiro do século XX en Galicia.

  • Horario: de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h. Festivos: de 10,00 a 14,00 h.
  • A exposición forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López que GaliciaDigital e a familia do escritor emprenderon en 2012 con apoio institucional dos Concellos de Paradela e Lugo, a Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Manuel Rodríguez López foi un emigrante galego que con tan só seis anos emigrou a Barcelona onde viviu a maior parte da súa vida. Durante os longos anos de migración en terras catalás, non perdeu nunca a súa identidade galega. Isto quedou reflectido na súa produción literaria que inclúe poesía, prosa e tradución. A aportación deste intelectual lugués en relación aos galegos e as galegas na diáspora catalá  foi fundamental durante os anos da transición. Como Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona e como correspondente en Barcelona de diversos xornais galegos, plasmou en gran cantidade de artigos os actos culturais e sociais das e dos emigrantes galegos e colaborou decisivamente en unir a cultura galega e a catalá

  • Esta é unha mostra itinerante que xa pasou por concellos das catro provincias galegas, entre os que se inclúen Paradela, Lugo, Begonte, Sarria, Portomarín, Santiago, así como en Cataluña

Exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro.", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
04.03.2015
Hora: 
19,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España