Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en París

Listen to this page using ReadSpeaker
904 lecturas

Do martes 11 de abril ao venres 26 de maio permanecerá exposta no Instituto Cervantes de París  a mostra de fotografía José Suárez. Unos ojos vivos que piensan.

Inauguración:

  • 19:00 h: Auditorio. Mesa redonda de presentación da exposición José Suárez: Una vida, una obra, por Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón Trillo, comisarios da exposición.
  • 20:00 h. : Sala de exposicións. Inauguración coa presenza de Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Horarios de visita: de luns a venres de 10:00 a 20:00 h. Sábados, de 10:00 a 17:00 h.

José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega do século XX. Nunha época na que predominaban os/as fotógrafos/as por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez revélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflicte unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova visión ou a Nova obxectividade, un intelectual admirado polos/as seus/súas coetáneos/as, un namorado de Xapón e Iberoamérica que cambiou o éxito no exilio polo esquecemento na súa terra.

Máis info: en paris.cervantes.es

Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en París
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Instituto Cervantes de París
Cidade da Cultura de Galicia
Data: 
11.04.2017
26.05.2017
Hora: 
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes de París
7 Rue Quentin Bauchart
París - 75008Paris (75)
Francia