Día das Letras Galegas 2018, en Valencia

Listen to this page using ReadSpeaker
143 lecturas

O domingo 20 de maio a partir das 18:00 h, no Umbracle do Xardín Botánico da capital do Turia, o Centro Galego de Valencia celebra o Día das Letras Galegas 2018, no que na presente edición da gran festa da nosa cultura a Real Academia Galega acordou homenaxear á escritora estremeña, galega por elección, María Victoria Moreno Márquez.

Programa: picar aquí para descargar completo

  • Homenaxe a María Victoria Moreno
  • Recita poético coordinado pola asociación Concilyarte, no que participarán autores/as galegos/as aficandos en Valencia e valencianos/as amantes da nosa terra
  • O acto estará amenizado pola Banda de Gaitas do Centro Galego de Valencia
  • No decurso do acto entregarase entre os/as asistentes o número 3 da revista A Nosa Eira da entidade
  • Concerto a cargo do cantautor ourensán Emilio Rúa
  • Viño de honra para os/as asistentes

Máis info: centrogalegovalencia.es | Facebook | Twitter

Día das Letras Galegas 2018, en Valencia
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Galego de Valencia
Data: 
20.05.2018
Hora: 
18:00
Lugar:
Jardí Botànic de la Universitat de València
Carrer de Quart, 80
Valencia - 46008Valencia
España