Día das Letras Galegas 2018 en Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
63 lecturas

O mércores 16 de maio a partir das 19:00 h, na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas 2018 cunha homenaxe a María Victoria Moreno Márquez, a escritora estremeña, galega por elección, a quen se dedica a presente edición da gran festa da nosa cultura.

Programa:

  • 19:00 h. Documental
  • 19:30 h. Conferencia a cargo da Prof.ª Araceli Luna Magariños, do CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas) da UFBA - Universidade Federal da Bahia
  • 20:00 h. Homenaxe ao asociado José Rosário Rodeiro, galego que conmemora o seu centenario, coa entrega da Medalla Gran Cruz Caballeros de Santiago, e presentación pola súa família dun vídeo sobre a súa historia de vida.
  • 20:30 h. Espectáculo folclórico
  • 21:00 h. Queimada, sangría e tapas

Máis info: www.caballeros.com.br | Facebook | Instagram

Día das Letras Galegas 2018 en Salvador de Baía
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data: 
16.05.2018
Hora: 
19:00
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia
Brasil