Conferencia de clausura do curso 2016/17 e recollida da banda de honra do Colexio Maior Rodríguez Cadarso, en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
97 lecturas

O venres 7 de abril a partir das 20:00 h, dentro do acto de clausura do curso 2016/17 do Colexio Maior Rodríguez Cadarso da Universidade de Santiago de Compostela, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recollerá a  Banda de Honra en nome das asociacións de emigrantes galegos/as en América que sufragaron boa parte da construción do edificio que acolle este Colexio Maior Universitario, e pronunciará unha conferencia sobre as achegas dos/as emigrantes galegos/as no eido educativo para coa súa terra de orixe e sobre o papel da mocidade na sociedade actual.

Conferencia de clausura do curso 2016/17 e recollida da banda de honra do Colexio Maior Rodríguez Cadarso, en Santiago de Compostela
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Colexio Maior Rodríguez Cadarso - USC
Data: 
07.04.2017
Hora: 
20:00
Lugar:
Colexio Maior Rodríguez Cadarso - USC
Praza Rodríguez Cadarso, s/n - Campus Vida
Santiago de Compostela - 15782A Coruña
España