Colonia de verán 2015-2016 do Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
698 lecturas

O luns 14 de decembro, no Campo Galicia da sede da entidade galega en Olivos, dá comezo a Colonia de verán 2015-2016 que organiza o Centro Galicia de Bos Aires para nenos/as de 2 a 13 anos.

  • Días: de luns a venres
  • Horarios:
    -Quenda da mañá: 9,00 a 13,00 h.
    -Quenda da tarde: 13,00 a 17,00 h.
    -Xornada Completa: 9,00 a 17,00 h.
    -Os/as nenos/as son recibidos/as dende as 8,30 h.
  • Organización
    Os/as nenos/as encóntranse divididos en grupo por idades, para desenvolver con criterio a pedagoxía necesaria para cada continxente. En todos os casos son mixtos e están conformados do seguinte xeito:
    -Grupo de 2 a 4 anos
    -Grupo de 5 e 6 anos
    -Grupo de 7 e 8 anos
    -Grupo de 9 e 10 anos
    -Grupo de 11 a 13 anos
    Cada grupo está a cargo de dous/dúas profesores/as de educación física, permitindo implementar axeitadamente os labores considerados en cada xornada.
    Os/as colonos/as gozarán de actividades deportivas e recreativas.
    Durante as actividades de campo os/as rapaces/zas moveranse polas instalacións de xeito conxunto, sempre acompañados/as e asistidos/as polos/as seus/súas profesores/as.
    Visitarán o natatorio pola mañá e pola tarde, onde, logo de avaliación das súas habilidades acuáticas, realizarán xogos e tomarán clases de natación.
  • Máis info:
    -www.centrogalicia-bsas.org
    -Tlf.: 4711-3005 / 4799-7750
    -Correo-e: colonia.cgba@hotmail.com
Colonia de verán 2015-2016 do Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Outros
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
14.12.2015
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Campo Galicia
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: