Clases de cociña no Club España de Newark

Listen to this page using ReadSpeaker
641 lecturas

O sábado 4 de febreiro das 15,00 ás 18,00 h. o Club España de Newark organiza, na sede da entidade, unhas clases de cociña para aprender a facer orellas e outras delicias típicas do entroido. O prezo da inscrición, que ha de realizarse mediante correo-e ou no perfil da entidade en facebook, é de 10 dólares para os socios e as socias e de 15 para as amizades dos e das asociadas.

Orellas
Evento: 
Curso
Organiza: 
Club España de Newark
Data: 
04.02.2012
Hora: 
15,00
Lugar:
Club España de Newark
180 - 182 New York Avenue
Newark - 07105Nova Jersey
Estados Unidos