Charla informativa "Intercambio automático de información fiscal España-Suíza", en Zürich

Listen to this page using ReadSpeaker
1117 lecturas

Os domingos 26 de marzo e 9 de abril a partir das 10:30 h, na sede da entidade galega no cantón de Zürich, a Asociación Cultural ASC - "As-Xeitosiñas" organiza cadansúa charla informativa sobre o Intercambio automático de información fiscal entre España e Suíza, con entrada libre e de balde, no que se tratarán os seguintes temas:

Obrigacións en Suíza:

  • Que é a evasión de impostos?
  • Como podo saber canto evadín?
  • Canto me custa regularizar o meu patrimonio?
  • Con que supostas sancións me podo atopar?
  • En que consiste a autodenuncia? Quen debe autodenunciarse?
  • Recibín axudas sociais (de distinto carácter)?

Obrigacións en España:

  • Teño inmobles baleiros?
  • Teño inmobles alugados?
  • Que é o Modelo 210 para Non Residentes?

Relator: José Arcos Pazos, xestor patrimonial, diplomado polo Centro Internacional Finaciero de Madrid e a Universdad de Alcalá, ex-director do Banco de Santander en Suíza e actual xerente de Arcos Consulting

Máis info: no facebook e na web asc-asxeitosinas.ch

Charla informativa "Intercambio automático de información fiscal España-Suiza", en Zürich
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación Cultural ASC - "As-Xeitosiñas" Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich
Data: 
26.03.2017
09.04.2017
Hora: 
10:30
Lugar:
Asociación Cultural ASC - "As-Xeitosiñas"
Zürcherstrasse, 14
Schlieren - 8952Zurich
Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: