Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2018 (2ª quenda)

Listen to this page using ReadSpeaker
674 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento aberto

Publicación das listaxes de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Conecta con Galicia – 2ª quenda (Resolución do 21 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 6 do 5 de abril) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas cuxo número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país, dentro do seu tramo de idade e tipo de financiamento.

Debido á proximidade das datas de realización do programa, só se autorizarán cambios nas datas de retorno das persoas seleccionadas ata como moi tarde, o próximo venres día 15 de xuño.

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.
  • Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.

As peticións de cambios de retorno deberán presentarse a través do e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.gal facendo constar no escrito, no caso de quedarse en Galicia, o nome, enderezo e teléfono dos/as familiares cos/coas que se queda.

Na listaxe de seleccionados/as indícase o país de procedencia do/a participante, os seus apelidos e nome, o tipo de financiamento co que participa, o retorno elixido e a quenda na que participa.

Listados seleccionados/as Actividades de aire libre (2ª quenda)
País 14-17 anos 18-20 anos
Arxentina Descargar Descargar
Brasil Descargar Descargar
Cuba --- Descargar
Uruguai --- Descargar
Venezuela* Descargar Descargar
Resto de España Descargar ---

*Os/as participantes procedentes de Venezuela poderán cambiar o retorno ata, como moi tarde, o día 17 de xuño.

A continuación, publícase a listaxe de seleccionados/as que solicitaron segunda quenda pero que por razóns organizativas e de distribución das prazas viaxarán na primeira quenda:

Listados seleccionados/as Actividades de aire libre (1ª quenda)
País 14-17 anos 18-20 anos
Arxentina --- Descargar

 

As reservas segundo o país e tramo de idade expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

Listados de reservas de Actividades de aire libre (2ª quenda)
País 14-17 anos 18-20 anos
Arxentina Descargar Descargar
Cuba --- Descargar
Venezuela Descargar Descargar

 

Reunións informativas en Arxentina e Uruguai:

País Día Hora        Lugar
Arxentina  21/06        17:30 h Delegación da Xunta en Bos Aires - Bartolomé Mitre 2550
Uruguai 26/06 12:00 h  Casa de Galicia (salón da planta baixa) - 18 de julio 1471 B esquina Vázquez - Montevideo

 

Informacións complementarias de interese para as Actividades de aire libre:

Data de publicación: 
13.06.2018