Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2017 – Campos de Traballo

Listen to this page using ReadSpeaker
613 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Campos de Traballo (Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 63 do 30 de marzo) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas, nas que o número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país.

De acordo co artigo 8.5 (paragrafo 4º) da convocatoria, as persoas interesadas que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 3 días hábiles (ata o 28 de xullo) para modificalas por escrito. Debido á proximidade das datas da viaxe, só se aceptarán aquelas solicitudes de cambio de retorno debidamente xustificadas coa correspondente documentación.

 

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: Solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena en Galicia logo de rematar a actividade.
  • Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes en Galicia logo de rematar a actividade.

As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.gal

 

Listaxes de seleccionados/as en Campos de Traballo

(por países)

Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Resto de España Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

As reservas segundo o país, expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

Listados de reservas en Campos de Traballo
País Financiamento 100% Financiamento 50%
Arxentina Descargar Descargar
Brasil Descargar  
Cuba Descargar  
Uruguai Descargar  
Venezuela Descargar  

 

Data de publicación: 
24.07.2017