Requirimento de emenda das axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009
Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro da Resolución do 17 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (D.O.G. nº 120, do 22/06/2009), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.
Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.
As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 29º da resolución de convocatoria.
- Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
- Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
- Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
- Programa D: Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.